A Deputación dará 45.000 euros a pilotos de rali

O Goberno da Deputación aprobou as axudas de 45.000 euros para pilotos de rali da provincia, que permitirán ofrecer 25 bolsas, das cales 2 estarán reservadas para persoas con capacidades diferentes. Así o avanzou Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que informou que o Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno estes fondos cos que o Executivo Provincial busca promover a actividade deportiva de pilotos lucenses.

As axudas terán unha contía mínima de 400 euros e máxima de 7.000 euros. Son de concorrencia competitiva. Están dirixidas a pilotos lucenses, federados e que participasen no 2016 nun mínimo de dúas probas organizadas polas federacións nacional ou galega de automobilismo.

Poderanse sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.

A concesión estas axudas rexerase en base a criterios obxectivos e sociais, deste xeito, terase en conta o palmarés, o ránking oficial e a participación en probas federadas. Valoraranse positivamente as solicitudes de pilotos con capacidades diferentes, as de mulleres piloto e as de pilotos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo