A Deputación de Lugo aposta pola dinamización cultural colaborando na difusión do Festival Osa do Mar

A Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación do Festival Osa do Mar, na que participou a vicepresidenta da institución Mari Teijeiro, e durante a que resaltou a transcendencia deste tipo de iniciativas tanto a nivel cultural como dende o punto de vista de promoción turística e económica dunha comarca.

O festival Osa do Mar terá lugar a fin de semana do 4 e 5 de setembro na zona da praia da Marosa de Burela e a Deputación de Lugo colabora para sufragar gastos a traveso da súa difusión. Teijeiro cualificou esta colaboración coma “unha aposta clara do goberno provincial pola dinamización cultural e xuvenil da provincia”.

A vicepresidenta da institución considera necesaria a implicación da Deputación e das institución públicas con este tipo de actividades e explicou que a divulgación se realizará tamén a través da Fundación TIC, que se encargará da elaboración dun vídeo que recolle imaxes das actividades e actuacións desta edición e que se converterá nunha fonte de promoción.

No acto de presentación participaron dous representantes da Asociación Fanto Fantini, Marcos Reimunde e Diego Campo, que deron a coñecer a historia do Festival Osa do Mar, así como o contido do programa para este ano, tanto as súas actividades como concertos.

Dende a asociación explicaron que o esquema inicial do programa será moi parecido “á fórmula do ano pasado. Trátase dunha oferta cultural e música innovadora sendo a plataforma para máis de 20 bandas, con música alternativa como fío condutor, chegadas tanto de Galicia como doutros puntos de España”. A maiores, a programación tamén inclúe actividades deportivas e culturais de interese que involucran a moitos públicos e asociacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo