" />

A Deputación financia cursos de redeiras para asegurar o relevo xeracional

A Deputación de Lugo organizou na Mariña xunto coa Asociación de Traballadores Autónomos do Mar catro cursos de capacitación para formar a 16 persoas desempregadas na profesión de redeiras. Nestas accións formativas, onde se investiron case 40.000€, os participantes aprenderon as diferentes formas de traballar as redes segundo o arte de pesca empregado.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, valora esta formación porque “o colectivo artesanal de redeiras na zona da Mariña vive un momento crucial loitando pola subsistencia do sector, pois non existe relevo xeracional e a pesca segue a ser un dos motores máis importantes da nosa provincia”. Rivera fai fincapé en que nesta comarca lucense xera entre 5.000 e 6.000 empregos e que demanda persoal case de forma continua para as Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo.

O alumnado beneficiouse de catro accións formativas de Confección e Mantemento en: artes de enmalle (115 horas), aparellos de pesca (30 horas), artes de arraste (130 horas) e artes de cerco (55 horas). Estas accións habilitan aos participantes para presentarse ao exame de cara a optar á cualificación profesional que os acreditará como redeira, esencial para poder exercer esta ocupación.

A estes cursos engadíronse tres xornadas divulgativas que se celebraron en Burela, Viveiro e Ribadeo, estruturadas en catro módulos temáticos e oito bloques cos seguintes temas: Prevención de riscos laborais; A Relación do sector coa administración; O Asociacionismo no sector; Réxime Xurídico, organizativo e electoral das confrarías de pescadores; Factores Ambientais: impacto sobre a explotación marisqueira; Marisqueo e pesca artesanal:  sustentabilidade, trazabilidade e responsabilidade; Explotación de novos recursos; e un debate sobre a problemática no sector.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo