" />

A Deputación impulsa a terceira edición do festival Mindomúsica en Mondoñedo

A Deputación de Lugo impulsa a terceira edición do festival Mindomúsica de Mondoñedo. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo xunto a Raquel Maseda, director artística do certame, presentou este luns no Pazo de San Marcos a cita coa música de cámara, que terá lugar entre o sábado 26 de xuño e o domingo 4 de xullo en lugares emblemáticos do municipio mindoniense, como a Catedral ou a Casa dos Coengos.

Unha iniciativa musical e cultural que, en palabras da Deputada, “é ideal” para a promoción turística da vila e da comarca da Mariña. Asemade, a voceira do Goberno provincial destacou o formato do festival, que achega a música clásica á xente por medio de concertos, encontros e entrevistas cos diferentes intérpretes. Un espazo cultural que ofrece a oportunidade de escoitar a mellor música de cámara en escenarios únicos.

A Deputada destacou a aposta da Institución Provincial por “un turismo sostible, sen masificacións, de natureza e experiencias, que pon en valor o patrimonio da provincia e que crea emprego no rural”.

A institución provincial colabora con 3.000 euros na organización desta terceira edición de Mindomúsica, á que a veciñanza poderá asistir de xeito gratuíto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo