" />

A Deputación mellora os 4.200 quilómetros da rede viaria provincial demandados polo PP

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou este mércores na LU-P-1611 ao seu paso por Cospeito as actuacións de mellora que a institución leva a cabo na rede viaria provincial a traveso do Plan de Rebacheo, e que reforzan ás dos plans de Conservación e do Parque Móbil. Con estas tres programacións, son 115 operarios e 53 máquinas os que se atopan distribuídos na rede viaria máis extensa do estado, acondicionando os máis de 4.200 quilómetros que a compoñen e que discorren polos 67 Concellos da provincia.

Martínez explicou que, aproveitando as boas condicións climatolóxicas, a Deputación puxo en marcha nos pasados días o Plan de Rebacheo. Consiste no acondicionamento con rego asfáltico de todos e cada un dos puntos quilométricos de estradas provinciais que o necesiten. Polo tanto, supervisarase o 100% da rede viaria provincial, que se divide en 8 zonas e que integran os 67 Concellos lugueses.

O plan arrancou en vías de Cospeito, Cervo e Riotorto, municipios das zonas 1, 2 e 3. Rematadas as actuacións nos 33 Concellos que forman parte destas zonas, os traballos continuarán nas restantes 5 zonas e 34 municipios.

O Plan de Rebacheo faise con cargo á partida de 11,5 millóns de euros do Presuposto de 2015 para infraestruturas. Ademais desta programación, con este orzamento finánciase o Plan de Conservación; o Plan de Obras e Servizos (POS), que a Deputación pasou a financiar nun 65% ; o Plan de Infraestruturas Veciñais ou o Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM), programa europeo que a Deputación de Lugo pasou o financiar nun 11% mentres a Xunta aporta o 2%.

Candia que deu a benvida a calquera tipo de actuación que implique melloras nas estradas provinciais, criticou “que o plan anunciado polos socialistas se trate só dun anuncio de intervencións básicas, como é o de tapar baches”.

O Grupo Provincial do Partido Popular de xeito continuado, a través de escritos ou de iniciativas plenarias, está a trasladar á Deputación reivindicacións de veciños e de alcaldes sobre a necesidade de acometer obras de melloras en vías de titularidade provincial. “Moitas destas estradas necesitan actuacións maiores ca de tapar baches”. A popular reiterou que o seu Grupo manterase vixiante ante as melloras de rebacheo que anunciaron os socialistas.

Por último, a voceira dos populares dixo que con estes anuncios de inversión nas estradas “queda evidenciado o atrevemento dos socialistas. “Ninguén entende que, de ser certo o diñeiro que din dirixir ao arranxo de estradas, as vías provinciais continúen a presentar serias deficiencias que chegan a poñer en risco a seguridade cidadá. Estase ante unha mala xestión na área de Vías e Obras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo