A Deputación mellorará o abastecemento no rural de Sober

O Voceiro da Deputación, Álvaro Santos Ramos, avanzou este martes que o Goberno Provincial mellorará con case 160.000 euros a rede de abastecemento municipal de auga nas parroquias de Figueiroá e Rosende, en Sober, das que se beneficiarán uns 150 veciños da zona. Fíxoo nunha visita a este municipio do sur lucense no que supervisou os traballos que se están a executar na parroquia de Rosende. As melloras na rede de Figueiroá están a piques de comezar.

Santos Ramos destacou que “dende o Goberno da Deputación continuamos a mellora os servizos públicos dos que desfrutan os nosos veciños, neste caso, colaborando co Concello para dotar a uns 150 veciños destas dúas parroquias dunha rede municipal de calidade. Estas actuacións suporán un importante beneficio para os habitantes destas parroquias pois a existente era totalmente deficitaria. Ademais, a través destes traballos modernizamos dotacións públicas municipais co fin de evitar avarías e facelas, deste xeito, máis eficientes”.

“Ano a ano, colaboramos cos Concellos da nosa provincia para rehabilitar servizos municipais no rural como traídas de auga, redes de abastecemento, sistemas de iluminación públicas, accesos ou camiños, porque cremos que é o noso deber garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas”, destacou.

As obras na rede Rosende, que xa comezaron, consistiron na ampliación e prolongación nun treito de 2 quilómetros da rede municipal de abastecemento de auga, que vai ata o Campo de San Miguel, e que ofrece subministro a todos os veciños da Parroquia de Rosende. Tamén se executarán melloras na parroquia de Figueiroá, das que se beneficiarán núcleos rurais como O Taro, Vilabalde, Prados, Xanimol ou Veleigaz, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com