A Deputación nomea un novo xerente para a Fundación Tic

O padroado da Fundación TIC acordou hoxe reforzar o papel da entidade da Deputación de Lugo incorporando ao equipo directivo a José María Blanco Vila, quen ocupará o posto de xerente. Margarita Soilán, anterior xerente, volverá a súa praza de directora do Centro de Produción de Programas.

O padroado destaca o perfil de José María Blanco Vila por ser un traballador “da casa” nos últimos 14 anos e un bo coñecedor do funcionamento e obxectivos que rexen o traballo da Fundación TIC. Os membros do padroado, presidido pola presidenta da Deputación, aclaran ademais que esta decisión non supón un desembolso adicional da entidade. “É un cambio construtivo que pretende mellorar o rendemento e organización da Fundación TIC no seu conxunto”, explicou Elena Candia.

A presidenta da institución aproveitou a reunión do padroado para enxalzar o traballo de todos e cada un dos traballadores da Fundación TIC, “como os mellores embaixadores da nosa provincia cun traballo constante e incansable”.

José María Blanco Vila (Lugo, 1975) é técnico de imaxe e iluminación e leva 14 anos prestando os seus servizos na Fundación TIC como técnico audiovisual. Dende o padroado valoran a súa entrega á Fundación, a súa capacidade de traballo e a súa iniciativa.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com