A Deputación promove con 18.000€ a actividade deportiva do CB Chantada

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada pola Comarca de Chantada, mantivo un encontro cos xogadores e equipo técnico do Club Baloncesto de Chantada no que lles avanzou unha nova colaboración da Deputación de 18.000 euros, cos que colaborar nos gastos de tempada desta agrupación deportiva. O Club conta con 2 equipos senior, un que compite na Liga EBA en categoría absoluta, e outro en 3º división nacional.

Ademais, tamén colaboran coas escolas deportivas, nas que participan máis de 200 rapaces de 7 a 13 anos. Campos Conde destacou que “é un pracer colaborar co Club Baloncesto Chantada, que dispón dun equipo principal que, dende o 2000, está na Liga EBA. De feito, é o único equipo a nivel nacional que leva 18 anos competindo nesta categoría de xeito ininterrompido, o que dá mostra da importancia deportiva do Club. Tamén, durante esta tempada 17-18; o equipo absoluto participou na fase de ascenso á categoría LEB Prata, quedando ás portas da tan ansiada subida”.

“Pero ademais, o Club Baloncesto Chantada colabora coas escolas deportivas municipais, formando e adestrando a máis de 200 nenos, o que tamén se enmarca dentro do noso compromiso polo impulso e promoción do deporte base na nosa provincia. De feito, nos orzamentos da Deputación para o 2019 destinamos máis de 4 millóns de euros para  continuar coa colaboración con clubs de todas as modalidades e dos 67 Concellos, mellorar ou habilitar novas instalacións públicas municipais, contribuír á celebración de distintos eventos”.

“O que buscamos é continuar a ser a Deputación que máis inviste en deporte na provincia pois sabemos da importancia dos valores que transmite a actividade deportiva, como o traballo en equipo e compañeirismo, sacrificio, superación, ou respecto ao rival. Todo isto, promovendo hábitos de vida saudable, sobre todo entre os máis mozos”, destacou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com