" />

A Deputación solicita á Xunta un obradoiro de novas tecnoloxías

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola Vicepresidenta Segunda de COGAMI-Galicia, Mónica Álvarez San Primitivo e polo coordinador do centro que ten esta entidade en Fingoi, Juan Antonio Gude, anunciou esta mañá que o organismo provincial vén de solicitar un obradoiro de emprego da Xunta de Galicia sobre novas tecnoloxías, destinadas a 24 mozos e mozas de entre 18 e 25 anos de idade, ou de ata 30, no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

En ambos casos deben estar inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen que sexa necesario que estean apuntados como demandantes de emprego.

Os participantes recibirán 960 horas de formación teórica e práctica durante seis meses, nos que cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional. Ao finalizar o obradoiro recibirán o certificado de profesionalidade.

Lara Méndez:

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo