" />

A Deputación volve pechar as residencias da Fonsagrada e Pol polo rebrote da Covid-19

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou que, ante a evolución do rebrote do coronavirus na Mariña, a institución provincial, decidiu que desde hoxe quedan suspendidas tamén as visitas e saídas nos centros de atención a maiores da súa titularidade na Fonsagrada e Pol como medida preventiva e de protección dos usuarios e usuarias. Unha medida que o Goberno provincial adopta adiantándose ás disposicións da Xunta para o control da propagación do virus nas zonas próximas á Mariña. Estas residencias xa estaban en fase 2 desde o 25 de xuño, ao inicio do brote na comarca mariñá. A institución mantén ademais a restrición total de visitas e saídas nos centros de Ribadeo e Trabada, pechados dende o 25 de xuño.

Tal e como explicou o Presidente, para reforzar a prevención e minimizar o risco de contaxio, a Deputación procederá á desinfección integral das instalacións dos catro centros. Asemade continúa aplicando no conxunto de edificios da súa titularidade un reforzo engadido do servizo de limpeza, prestando especial atención ás zonas de acceso e saída dos sectores de illamento, escaleiras, portas, ascensores, zonas de deambulación, entre outras, para reducir o risco de transmisión do coronavirus.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo