" />

A directora de “la Isla de las mentiras” presentou o filme nos Codex

Paula Cons, directora da longametraxe “La isla de las mentiras” estivo hoxe nas sesións dos Codex onde se proxectou a súa película. Nas dúas sesións ás que asistiu fixo unha pequena introdución do filme e deu os parabéns ao público asistente por apoiar o cinema galego, así como aos propios Codex Cinema dos que dixo ser un luxo para Lugo e para Galicia contar con esta infraestrutura cultural.

Ao remate da proxección a directora contestou ás preguntas do público, o que desembocou nun interesante coloquio sobre o filme e a propia historia que conta, o naufraxio do Santa Isabel a noite do un de xaneiro de 1921, no medio dunha espesa néboa o barco, con 260 emigrantes con destino a Bos Aires, afunde na escarpada e dura costa da illa de Sálvora, na provincia de A Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo