A falta de Orzamentos podería estar bloqueando 50 actuacións na cidade de Lugo

O grupo Cidadáns Lugo puxo hoxe de manifesto esta mañá que a falta de Orzamento municipal mantén bloqueadas neste momento medio cento de actuacións que non se poden levar a cabo por falta de consignación e fondos dispoñibles. 

A voceira da agrupación, Olga Louzao, botou man dun informe do xefe de Contratación, presentado á Xunta de Goberno Local deste mércores, no que se detalla que un total de 24 obras, a adquisición de subministros para a Escola de Música, a renovación de 9 contratos de servizos caducados e o investimento dos fondos europeos asignados a Lugo dentro dos programas Muramiñae e Life non se poderán executar mentres non se aproben novos orzamentos ou se modifiquen os actuais prorrogados mediante a incorporación de remantentes de crédito.  

Olga Louzao afirmou que “o déficit de xestión deste Goberno municipal mantén absolutamente paralizada e bloqueada a cidade. Estamos xa no mes de febreiro e Lara Méndez non foi capaz de presentar nin sequera un borrador de Orzamentos para este ano”.  

Mostra do “desinterese” de Lara Méndez por resolver algúns dos problemas actuais do Concello, a voceira de Cs Lugo explicou que o informe de Contratación revela que a adquisición de novo vestiario para a Policía Local e dun vehículo para os bombeiros foi paralizada en 2018 ao non ser considerado “prioritario” por parte do Goberno municipal. O informe revela ademais que dos 127 expedientes iniciados en 2018 no servizo de Contratación, o Goberno municipal só foi capaz de concluir 58, é dicir, “menos da metade”, destacou Olga Louzao. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo