" />

A Federación de Asociacións de Veciños impulsa unha ruta cardiosaudable polo paso do Rato

Medio cento de veciñas e vecinos, así como a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos e a edil de Igualdade, Muller e Xuventude, Ana González Abelleira, participaron este sábado,  na ruta cardiosaudable polo paseo do río Rato. Unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños, na que colabora o Concello de Lugo e que ten un dobre fin, por un lado, pór en valor este espazo verde ao pé da cidade de Lugo e, polo outro, impulsar actividades lúdicas e deportivas coas que promover na sociedade pautas de vida saudables.

O paseo do Río Rato é un enclave natural que permite conectar coa natureza a escasos minutos da capital e da Muralla. Trátase dunha área pública que conta con gran afluencia de veciñas e veciños que veñen a pasear e a facer deporte, xa que é unha
contorna única.

Pola súa parte, Jesús Vázquez agradeceu a colaboración do Concello neste tipo de iniciativas que promoven bos hábitos entre a veciñanza da provincia en contacto coa natureza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo