A Federación de Asociacións de Veciños apoia a reclamación do Servizo de Pediatría en Baralla

A Federación de Asociacións de Veciños demanda para Baralla o servizo de pediatría xa que o centro de saúde desta localidade “está dotado dunha sala de pediatría totalmente adaptada e acondicionada e ademais a Baralla, pola súa poboación infantil, correspóndelle un pediatra. Por iso e “dada a situación precaria na que se atopa na actualidade, esiximos das autoridades responsables do SERGAS a implantación inmediata do servizo de Pediatría. Os nenos da montaña teñen os mesmos dereitos sanitarios que os de calquera outro municipio ou capital de provincia”, incidiron.

É inadmisible que se doten os Centros Sanitarios das salas precisas e perfectamente rotuladas e que despois non se lles dote do persoal necesario”, declarou José Manuel carballo, por iso a Federación Lucense Lucus Augusti, “dará á Asociación de Veciños Porta dos Ancares, demandante inicial do servizo, “todos os apoios necesarios e precisos para lograr este obxectivo.

A Asociación Porta dos Ancares que conta con máis de 500 asociados está apoiada nesta iniciativa ademais por partidos políticos do municipio, persoal sanitario, oficinas de farmacia, etc., achándose está agora nun proceso de recollida de firmas como medida previa a outras de maior alcance en caso de non ser atendida a nosa demanda e que será enviada ás autoridades sanitarias”, conclúiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo