manifestacion-hemodinamica-lugo

A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo esixe máis planificación na posta en marcha de Radioterapia e Medicina Nuclear

O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, Jesús Vázquez, denunciou este martes a “falta de planificación” da Xunta de Galicia ao respecto da dotación no Hula de Radioterapia e Medicina Nuclear.

“Que o Sergas asegure a estas altura, que non ten claro como vai a poñer en marcha estes servizos, evidencia que tampouco se van a cumprir cos últimos prazos, aprazados xa reiteradamente en contra da voluntade de milleiros de lucenses, que deu o Goberno galego”, subliñou.

“Unha vez máis, se constata a falta de compromiso e discriminación do señor Feijóo cos lucenses. Nin hai previsión, nin prazos, nin tan sequera se iniciou o proceso de contratación de persoal. ¿Como van a chegar así os servizos de Radioterapia e Medicina Nuclear ao Hula antes de rematar o ano?”.

Vázquez explicou que máis de 40.000 lucenses, os que impulsaron a ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego, deixaron claro que “Lugo quere no público, é dicir, no Hula, os servizos públicos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas, da que nada sabemos. Polo tanto, rexeitamos, taxantemente, a privatización encuberta que se está a estudar”, remarcou o Presidente da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo.

Asemade sinalou a necesidade de que os sindicatos, os profesionais e o propios veciños reciban información sobre a dotación no Hula destes servizos, que demandan dende hai anos. Piden á Xunta a apertura e a participación neste proceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com