A Fundación TIC celebra o Goya do lucense Jorge Coira

A Fundación TIC está de parabéns da man dun dos seus patróns, o lucense Jorge Coira, que este sábado acadou o premio Goya á mellor montaxe polo seu traballo na película El desconocido. Coira, que naceu en Rábade en 1971, participa dun xeito moi activo nas actividades desenvolvidas pola Fundación, especialmente as dirixidas ao alumnado da Escola de Imaxe e Son (EIS).

O último encontro cos estudantes da TIC foi a pasada fin de semana, na que participou na Xornada de Pitching, xunto a outros 17 directores e guionistas profesionais de Galicia. Pero ademais impartiu varias masterclass sobre dirección de cine, e hai dúas semanas falou sobre a técnica para presentar proxectos audiovisuais dun xeito atractivo e conciso e expuxo ante os alumnos a súa experiencia nesta materia.

A Gala do cine español tamén contou coa presenza destacada doutros dous lucenses: Dani de la Torre, que competía na categoría á mellor dirección novel, e o consagrado Luis Tosar, na de mellor actor principal, tamén por El desconocido. Os dous mantiveron encontros cos alumnos da Escola, dentro do modelo formativo da TIC, no que se aposta pola práctica en escenarios reais e o contacto directo cos mellores profesionais do sector.

O monfortino Dani de la Torre foi o encargado da inauguración oficial do presente curso 2015-2016 da Escola. Ademais, impartiu unha conferencia maxistral ao alumnado dos ciclos de Redacción e Produción na que deu conta de todo o proceso que o levou a dirixir El desconocido, un thriller psicolóxico trepidante e tecnicamente moi complicado que tivo grande éxito de crítica e público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com