" />

A Garda Civil de Monforte auxilia a un condutor desorientado que cría que estaba en Francia

A Garda Civil de Monforte de Lemos, auxiliou o pasado venres, 29 de marzo, a un condutor de orixe marroquí, de 79  anos de idade e con residencia en Francia, que presentaba evidentes síntomas de desorientación e mobilidade. Os feitos tiveron lugar en torno ás 19.20 horas na estrada N-120.

O condutor manifestou aos axentes da Garda Civil que se encontraba ben e que non necesitaba axuda, pois xa estaba preto do seu domicilio na localidade de Limoges (Francia). Con dificultade, porque o condutor só se expresaba en francés, os axentes convenceron ao home de que se deixase trasladar aos hospital Comarcal de Monforte, onde permaneceu ingresado ata o día seguinte.

O facultativo deulle a alta ao condutor coa indicación de que non estaba en condicións de conducir polo que a Garda Civil buscoulle un aloxamento nun hotel da localidade e coordinaron un servizo de guindastre para trasladar o vehículo ata a localidade francesa.

Novas relacionadas

  1. Manuel Quiroga Lopez
    Manuel Quiroga Lopez
    Abr 02, 2019 - 08:44 PM

    Realmente foi a garda civil de trafico

    Reply
    • Xornal de Lugo
      Xornal de Lugo
      Abr 03, 2019 - 12:47 PM

      Agradecemos a corrección, nós só facemos noticias baseadas nas informacións enviadas pola Comandancia e, alí, non especificaba qué subsector da Garda Civil levara a cabo esta operación. Moitas grazas de novo pola túa achega.

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo