A Garda Civil impide a fuxida de dous internos da prisión de Monterroso

Dous internos da prisión de Monterroso intentaron fuxir do cárcere na madrugada deste venres. Un intento que foi frustrado polos efectivos da Garda Civil no muro do propio centro.

Segundo confirmaron fontes penitenciarias os dous presos non son especialmente perigosos e se atopaban en segundo grado penitenciario. Na pasada madrugada os dous presos saíron da cela e foron interceptados por axentes cando intentaban sortear o muro. Un deles resultou ferido nunha perna polo que foi trasladado ao HULA, mentres que o outro xa se atopa custodiado, de novo, na prisión monterrosina.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com