" />

A II Asamblea Nacional da FRUGA manifesta a súa oposición á privatización dos Montes Veciñais

Onte tivo lugar en Lugo a segunda Asamblea Nacional da Federación Rural Galega onde se explicou que o futuro e a sostenibilidade do sector agrogandeiro, vai ligado ao futuro dos Consellos Reguladores e ao control dos rendementos a través dos seus regulamentos.

A II Asamblea Nacional da FRUGA, manifestou a súa oposición á privatización dos Montes Veciñais e reclamou a supresión das débedas, así coma ao Tratado Transatlántico para o Comercio e os Investimentos. Tamén demandou das administracións, que se efectivice o seu recoñecemento coma organización representativa do sector agrogandeiro, e por extensión do medio rural.

O presidente da FRUGA, Xurxo Álvarez, fixo alusión na súa intervención, á necesidade de que as administracións recoñezan a FRUGA como un axente social importante á hora de tomar decisións.

Xurxo Álvarez:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo