" />

A incidencia do Coronavirus endurécese na provincia de Lugo con 778 infeccións activa

A Covid 19 continúa a endurecer a situación da nosa provincia. Se a primeiros de decembro podiamos ver unha baixada importante tanto da incidencia acumulada como das infeccións activas, o certo é que o Nadal está a comezar a facer mella e a situación non é boa. 

Malia que Lugo é unha das provincias con mellores cifras, no último reporte feito polo SERGAS se constata un aumento de infeccións activas que xa chega ás 778, 152 persoas máis que o venres. 

Aumenta tamén a presión asistencial. Os hospitais da provincia suman hoxe 21 pacientes en planta de hospitalización e 3 na UCI, o que supón non só a ocupación da unidade de críticos que o venres permanecía baleira senón que son 7 ingresos novos dende o venres. 

Os cribados realizados en Viveiro son a principal causa do aumento tan significativo de casos activos durante a fin de semana, pero tamén os 50 novos casos detectados por Sanidade na última xornada constatan o aumento diario de casos, aínda con cifras por baixo dos 71 casos informados polo SERGAS o domingo.

Con todo a tendencia ao empeoramento da Covid viuse reflexado tamén no número de falecidos que, durante a fin de semana, aumentou. Así, son xa 151 os lugueses falecidos por mor do virus. O último, un home de 80 anos que finaba onte no Hospital da Mariña. Con todo, as cifras oficiais sinalan 147 mortos na provincia xa que non contabilizan algunhas das vítimas luguesas do virus que finaron fóra da provincia.

Para rematar esta nova con bo sabor de boca, non podemos esquecer ás 6.802 persoas que xa poden dicir que superaron con éxito esta enfermidade na nosa provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo