A loita de Martínez para evitar a súa expulsión do PSOE

O deputado Manuel Martínez segue pelexando para manterse no Partido Socialista. Hoxe mesmo informou de que xa presentou alegacións en contra da súa expulsión cautelar do PSOE. Un documento no que Martínez solicita que se lle faga unha nova notificación na que se indique “claramente” o prazo para alegar e contra que acordo debe facelo, se contra o de expulsión provisional ou o de apertura do expediente disciplinario.

Ademais, Martínez nega as acusacións de desobediencia que lle fan dende o PSOE, como é o caso da negativa do deputado de votar a favor das propostas do BNG, socio de goberno dos socialistas na Deputación. “Eu non vou apoiar as propostas do BNG porque non son militante dese partido” matizou.

O deputado tamén explica que no acordo se recoñece que “a proposta do PSdeG para a presidencia da Deputación era a de Manolo Martínez, ata que se produciu o cambiazo a última hora”. Tamén manifesta que a notificación de expulsión “foi defectuosa” xa que a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, o 27 de setembro asinou un documento segundo o cal “unha vez que se asine o escrito de moción de censura, se debata e esta prospere, arquivarase o referido expediente”

En declaracións a Lugo Si radio, Martínez quixo matizar que non é o Partido Socialista o que o bota, senón algunhas persoas en concreto que, ao seu xuízo, “están dicindo medias verdades sobre os feitos acontecidos dende o 23 de xuño”. Un día no que se abriu unha fenda dentro do partido despois de que Martínez se votase a si mesmo para ser presidente da Deputación, tal e como decidirán os socialistas aínda que no último momento o PSOE deu ordes de cambiar de candidato e votar a Darío Campos, actual presidente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com