" />

A Marea Galeguista di que a Xunta ten que asumir as políticas activas de emprego

Varias candidatas da Marea Galeguista por Lugo, entre as que se atopaban Cristina Pérez, traballadora do SEPE e exconcelleira por LugoNovo, Javier Arca, traballador de Alcoa e Teresa Burgo, avogada laboralista, mantiveron unha xuntanza cos secretarios xerais dos sindicatos mais representativos na provincia de Lugo na que presentaron, entre outras, as medidas da formación en materia económica e laboral e recolleron as reivindicacións que lles trasladaron os representantes de cada sindicato.

Dende a Marea Galeguista quixeron manter unha xuntanza cos sindicatos CCOO, UXT e a CIG, coa finalidade, segundo indican “de recoller as súas demandas para poderlles dar voz no Parlamento galego cara a nova lexislatura”.

Despois de compartir análise sobre a situación de excepcionalidade na que nos atopamos, e segundo indicaron dende a Marea Galeguista “a oportunidade de mudar de modelo produtivo e transitar cara unha economía máis social e colaborativa”, fixaron como medidas necesarias “para un novo tempo”, a necesidade de “asumir as políticas activas de emprego, competencia que non se está a defender desde a Xunta a día de hoxe”.

Entre as demandas recollidas, as candidatas da Marea Galeguista quixeron poñer de relevo, en relación a Alcoa “a urxencia dunha intervención na factoría de aluminio por parte do goberno central e a Xunta de Galicia”, na liña que xa comentou noutras ocasións  Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta pola Marea Galeguista.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo