" />

A Mariña continúa no descenso de casos de coronavirus cun único positivo novo

Nas últimas horas reduciuse lixeiramente o número de casos activos relacionados co brote de Covid-19 que afecta ao distrito sanitario da Mariña. Segundo as probas realizadas ata esta mañá, confírmase outro caso positivo relacionado co brote. Sen embargo, nas últimas horas, outras dúas persoas foron dadas de alta tras superar a enfermidade, o que deixa o número de casos activos en 184, un menos ca onte. Nestes momentos son máis de trinta as persoas afectadas por Covid-19 e vencelladas ao brote que xa están curadas e foron dadas de alta tras superar a enfermidade.

Das PCR realizadas no día de onte a persoas relacionadas con este brote, segundo afirma o Sergas, unha arroxou resultado positivo. Neste momento a porcentaxe de PCR positivas é moi baixa (arredor do 2%) respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote no distrito da Mariña, cando aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas.
Así mesmo, destacar que o novo positivo detectado está relacionado co brote, o que permite seguir a garantir a trazabilidade dos casos e continuar na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión e conter o brote.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo