A Montaña comeza o obradoiro de emprego ‘Vía Künig I’ coa contratación de 25 persoas

O obradoiro de emprego ‘Vía Künig I’, que comparten os municipios de Becerreá, Baralla e As Nogais, iniciou o pasado venres a súa actividade coa participación de 20 persoas alumnas traballadoras e outras cinco en postos de docencia, dirección e administración.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria financia con 336.446 euros este taller, que terá unha duración de nove meses.

Balseiro salientou que durante a súa participación no obradoiro, o alumnado recibe formación teórica e práctica que poderá acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que ten acceso a un contrato de traballo. Ademais, o delegado destacou que se trata dun obradoiro dual que inclúe incentivos para a contratación de catro participantes en empresas da contorna por un prazo mínimo de tres meses ao finalizar o período formativo. Con ese fin, a Xunta concede unha achega adicional de 6.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo