A oposición facilita a Méndez que pague preto de 1,9M€ con reparos de legalidade

Xornada de Pleno no Concello de Lugo, e xornada sen moita novidade. A corporación facilitou a aprobación de dous novos recoñecementos extraxudiciais de créditos, para facer fronte a máis de 2000 facturas do pasado ano que superan, xuntas os 2 millóns de euros. Entre as facturas a pagar, atópanse 59 con reparos de legalidade que se pagarán a empresas con contrato caducado; e que supoñen o maior montante: 1,9 millóns de euros.

A oposición facilitou estes pagos pero non se quedou calada ante a realidade de que un procedemento extraordinario, volve a ser o inicio dun pleno no Concello de Lugo, algo que xa é rutina. Un feito que máis dun grupo lle reprochou á edil de economía, Ana Prieto, quen formará parte do Congreso dos Deputados a partires das vindeiras eleccións. 

Neste mesmo senso tamén se pronunciou o voceiro popular, Antonio Ameijide, quen tildou de “desmantelamento” a situación que se está a vivir no Concello entre os contratos caducados e os servizos sen persoal.

Un desmantelamento o que recoñecía Ameijide que tamén se da en diferentes servizos. Como explicou o popular, os Bombeiros volveron unha vez máis a concentrarse durante o pleno para  reclamar que se cubra a plantilla, cada día máis mermada debido ás xubilacións, e que se cree unha organización similar a doutros concellos.

Outros asuntos

Ao remate do pleno, o voceiro do Partido Popular criticou con dureza que Lara Méndez se opoñese a poñer en marcha un plan de limpeza inmediato e urxente para mellorar o aseo urbano dos diferentes barrios de Lugo, a pesar de que se trata dunha demanda realizada en numerosas ocasións polos veciños da cidade.

Por outra banda, o Pleno aprobou unha proposición do BNG para que sexa o Concello de Lugo quen lidere unha iniciativa para que as policías locais teñan unha estrutura a nivel galego que se encargue da xestión das diferentes policías locais e cree un marco estatutario para o seu funcionamento. O voceiro do BNG sinalou durante o debate que é necesario que as policías locais teñan regulado o seu funcionamento, condicións laborais, dereitos e obrigas e que o escalafón de mando esté regulado máis alá dos propios concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com