" />

A plataforma Lugonovo camiño de convertirse na chave do goberno de Lugo

Día de votacións, día importantísimo para os cidadáns en todo o pais, e posible día de cambio para as administracións lucenses. Segundo a enquisa a pé de urna da TVG, neste intre o PP acadaría entre 10 e 12 concelleiros, 7 ou oito para os socialistas, 3-4 para a plataforma Lugonovo, 1-2 o BNG-Asambleas Abertas, e 1-2 Cidadáns.

Santiago Fernández Rocha, candidato da plataforma Lugonovo, remata de falar con Xornal de Lugo para facer unha valoración desta enquisa a pé de urna, que lembramos non é decisiva.

Escoitámolo:

 

Esta mañá os candidatos á alcaldía de Lugo acudiron ao colexio electoral a votar, e fixeron as primeiras valoracións. Escoitamos en primeiro lugar a José López Orozco polo PSOE, José Manuel Barreiro, presidente en Lugo dos populares, e Rubén Arroxo, candidato do BNG-Asambleas Abertas:

 

Nuns intres, en Xornal de Lugo.com, continuaremos facendo o seguimento desta xornada decisiva, e con seguridade, histórica para a democracia española.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo