" />

A plataforma “Por un monte galego con futuro” convoca unha concentración en apoio á veciñanza afectada polos lumes

A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades  galegas para hoxe xoves 21 ás 20h en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza. As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora “zona afectada gravemente por unha emerxencia civil”) das áreas atinxidas polos lumes, así como accións inmediatas para evitar a erosión destes solos de extraordinaria importancia e procurar o antes posíbel a súa restauración, entre outras reivindicacións que se lerán nun manifesto coxunto.

Co obxecto de que o goberno da Xunta escoite unha soa voz que percorra o país ao berro de LUMES NUNCA MÁIS, a  plataforma “Por un monte galego con futuro”, anima á sociedade galega a saír á rúa, asistindo ás  concentracións convocadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo