A Plataforma Sanitaria apoia ás familias de Lourenzá na demanda dun servizo de pediatría

A Plataforma Sanitaria acudiu onte á reunión aberta convocada por pais e nais de Lourenzá e apoiada desde o Concello, para manifestar o seu total apoio a estas iniciativas veciñais, a amosa o seu acordo con todas as medidas tomadas na devandita reunión.

No seu turno de palabra a coordinadora do colectivo sanitario explicou que o problema de pediatría é moi grave ao deixar sen atención a nenos pola ausencia xustificada da titular non substituída por parte do Sergas. Tamén incidiu en que este non é un problema privativo de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros, que comparten facultativa, senón que pode pasar en calquera localidade donde exista pediatra de familia, no momento en que esta solicite un permiso, vacacións ou curse baixa médica, todos eles dereitos fundamentais dos tarballadores.

É por isto que manifestou a vontade de presentar en todos os Concellos da comarca unha moción en defensa do servizo de pediatría para ser debatida nos plenos municipais e que “agardamos que se resolvan co acordo unánime de instar á Xunta de Galicia a que substitúa todas e cada unha das ausencias dos profesionais, que garanta en todo momento unha atención pediátrica adecuada, pertinente e digna, e mesmo que implemente as horas adicadas á atención pediátrica nos centros que precisen , contratando o personal necesario”- conclúe a Montse Porteiro, coordinadora do colectivo sanitario

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com