A Policía Autonómica levanta 6 actas de infracción nun salón de peiteado tras infrinxir diferentes normativas

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Lugo levantaron 3 actas de infracción por incumprir as medidas de prevención ante a covid-19, durante unha inspección nun salón de peiteado de Lugo. Os axentes identificaron durante a inspección a tres persoas que consumían bebidas alcohólicas nunha mesa sen manter a distancia de seguridade mínima e incumprindo o uso obrigatorio de máscara, ás que se lles levantaron 3 actas de infracción da normativa sanitaria en prevención da covid-19.

Ademais, tramitouse unha acta por consumo de alcol en establecemento non habilitado, outra a Inspección de Traballo por irregularidades na contratación ao detectarse no momento da inspección que un dos empregados carecía de contrato de traballo, e unha terceira ao Concello debido a que o local non dispoñía de licenza municipal de salón de peiteado. En total, os axentes identificaron 5 persoas e tramitaron 6 denuncias.

Esta inspección da Policía Autonómica enmárcase no plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para frear o avance da covid-19.

Durante os operativos ao abeiro deste plan, os axentes controlan que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos a cumpran as normas aprobadas para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón. Estes dispositivos enmárcanse ademais no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com