" />

A policía descubre a catro menores saltando da terraza da súa vivenda a un tellado anexo

Os feitos tiveron lugar sobre as 12:50 horas do día 20 de xullo, cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala de Comunicacións 092 para que se traslade a un edificio da rúa López Guntín, onde constatan que uns nenos de pouca idade xogan “a saltar” da terraza da súa vivenda a un tellado anexo á mesma, co correspondente risco que iso conleva.

Os axentes realizan investigacións e localizan o domicilio dos menores na rúa dos Gardas e ao acceder a el comproban que se atopan catro menores, todos irmáns, sendo a maior de 14 anos e os tres menores, que accedían ao tellado, de 6 e 7 anos respectivamente. Localízase á nai dos nenos e unha vez identificada manifesta que cando traballa quedan ao cargo dunha familiar, a cal saíra do domicilio uns minutos para facer a compra, sendo tamén identificada e quedando no domicilio ao coidado dos nenos no momento da intervención policial.

Tanto á nai como ao familiar, que se fai cargo dos nenos cando aquela traballa, infórmaselle dos feitos observados, facéndolles ver o deber que teñen de atención e coidado permanente dos menores e do perigoso que resulta que os nenos xoguen “a saltar” desde a terraza ao tellado anexo, motivo polo cal se dá coñecemento destes feitos ao Xulgado de Menores desta cidade e aos Servizos Sociais do Concello.

Emerxencia sanitaria

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diversos dispositivos, no día de onte 20 de xullo, para o control do cumprimento por parte das persoas de seis ou máis anos, da obrigación do uso da máscara en todo momento, levantándose DEZ actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia a outras tantas persoas que se atopaban na vía pública e que non facían uso de dita medida, mesmo moitas delas nin sequera a levaban consigo.

Filtros seguridade viaria

Durante o luns día 20 de xullo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, estableceron diferentes “filtros de seguridade viaria”, utilizándose un vehículo policial dotado de cinemómetro no que se controlou a velocidade a 758 vehículos, denunciándose a condutores por pasar a velocidade establecida en vías limitadas a 30 km/h e a 31 condutores por pasar a velocidade establecida para vías limitadas a 50 km/h, sendo a velocidade máis alta detectada nesta clase de vías de 86 km/h, o que supón para o condutor unha multa de 400 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. No transcurso destes controis detectouse un vehículo sobre o que pesa un auto dun Xulgado do Penal de Vigo no que se establece o COMISO do turismo, polo que é retirado polo servizo de Guindastre ao Depósito Municipal onde queda inmobilizado ao dispor da Autoridade Xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo