A policía levanta 17 actas de denuncia por incumprimento das normas Covid

Para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establecéronse diversos dispositivos policiais nos que se levantaron 17 actas de denuncia polas seguintes condutas infractoras:

 7 actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá por incumprimento das condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos. Condutas que carrexan multas de 601 a 30.000 euros.

 4 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por non facer uso da máscara de protección.

 3 actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá por circular entre a 1,00 e as 6,00 horas (2), sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción e polo incumprimento da prohibición de entrada no termo municipal de Lugo (1). Condutas que carrexan multas de 601 a 30.000 euros.

 2 actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración aos axentes da Autoridade no exercicio das súas funcións. Denuncias estas tramitadas a través da Subdelegación do Goberno.

1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar un local de hostalería situado en cálea Concepción Arenal superando o aforo máximo permitido do 40% no seu interior.

Asemade establecéronse operativos especiais nas zonas peonís e centro histórico co obxectivo de evitar concentracións de persoas, tanto no interior como exterior dos locais; vixilancia do horario de peche de establecementos; control de medidas  COVID en lugares de lecer e establecementos comerciais, etc..,

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com