A policía local detén a un home por agredira a súa nai e ameazala cunha pistola falsa

Un mozo de 27 anos foi detido onte pola tarde despois de agredir a súa nai e ameazala cunha pistola falsa. Foi a policía local a que levou a cabo a intervención, que tivo lugar nun edificio da Avenida da Coruña. Cando chegaron ao lugar atopáronse coa porta aberta da vivenda, onde acharon á muller con lesións e sangue na boca e nun brazo. A vítima declarou que o seu fillo se puxera “moi agresivo” e que chegou a ameazala meténdolle unha pistola na boca.

Os axentes foron quen de dar coa arma, que resultou ser unha pistola de bolas de plástico. Tamén auxiliaron á muller, que foi trasladada ao HULA nunha ambulancia.

O agresor foi localizado máis tarde nos arredores da casa dun familiar, onde a policía procedeu ao seu traslado a comisaría, e se lle instruíron dilixencias para o xulgado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com