" />

A Policía Local levanta 29 actas de sanción por incumprimentos ás normas de seguridade contra a pandemia

A Policía Local de Lugo desaloxou na tarde de onte un establecemento de hostalería na rúa Ramiro Rueda na que se estaba a celebrar unha festa de cumpreanos fora do horario de apertura establecido polas autoridades sanitarias e con 14 participantes non conviventes. A policía levantou así 16 actas de denuncia, dous delas ao propietario do negocio por infracción á Lei de Saúde de Galicia, pola apertura do local máis alá da hora establecida e outra por infrinxir a Lei de Protección de Seguridade Cidadá xa que, segundo afirmaron os axentes, dificultou a actuación policial e convidou aos asistentes a non identificarse ante a Policía. 

Doutra banda, a Policía levantou outras 13 actas de denuncia por incumprir as diferentes normas establecidas para combater a pandemia. Así 6 persoas foron denunciadas por saltarse o peche perimetral da cidade de Lugo, outras seis por circular pola vía pública entre as 11 da noite e as 6 da mañá e un último individuo foi proposto para sanción por non usar a máscara. En total 28 persoas foron denunciadas puidéndose enfrontar a multas entre os 601 e os 30.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo