A Policía Local levanta 6 actas entre a cidadanía por no facer uso da máscara

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron seis actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia, 5 delas a persoal de locais de hostalería por despachar bebidas aos clientes sen utilizar máscara de protección, denunciaron tamén a un mozo que estaba nun grupo de persoas e todas elas usaban máscara salvo el.

Así mesmo, tramitáronse actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por faltas de respecto e consideración aos axentes de policía local no exercicio das súas funcións. As actas son remitidas á Subdelegación do Goberno como órgano competente para a súa tramitación e sanción.

Continuando cos dispositivos establecidos para o control dos locais de hostalería, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun establecemento situado na rúa Tui 41, levantando acta por infracción á Lei 10/2017 do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Sobre as 18:00 horas do día 4 de xullo, unha patrulla de Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da rúa Anduriñas xa que ao parecer unha señora de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e non se podía levantar. Os axentes auxiliaron á muller de 88 anos, trasladándoa ao dormitorio, rexeitando asistencia médica e quedando ao coidado dun fillo. Sobre as 18:55 horas acoden tamén a unha vivenda da rúa Progreso polo aviso doutra muller de 84 anos, que caera no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse. Os axentes procederon a incorporala, trasladándoa a unha butaca onde quedara ao coidado dunha irmá, rexeitando tamén asistencia médica.


Imaxe cedida pola Policía Local, a través do Concello de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com