" />

A Policía Local sanciona a un conductor que se durmiu sobre o volante dunha furgoneta encendida

A Policía Local de Lugo sancionou a pasada noite a un conductor que se durmiu sobre o volante da súa furgoneta que se atopaba parada, co motor en marcha, parcialmente sobre a beirarrúa e un paso de peóns. Os feitos ocorreron na praza Viana do Castelo en torno ás 22.40 horas, cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía de Barrio se atopou a furgoneta coas luces acesas.

Os axentes comprobaron que o condutor presentaba “unha acusada sintomatoloxía de inxesta previa de bebidas alcohólicas, sendo a súa fala pastosa, ollos apagados e desprendendo un forte cheiro a alcol”. Por este motivo, os axentes decidiron sometelo ás probas de detección alcólica arroxando un resultado de 0,77 mg/l polo que se lle instruiron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Asemade, o vehículo foi inmobilizado mediante acta que foi entregada ao condutor, “comprobándose posteriormente que quebrantara a inmobilización ordenada polo que se iniciou un expediente sancionador por non respectar as ordes dos axentes da autoridade” o que supón unha multa de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo