" />

A policía realiza varios controis dentro do centro urbano

Durante o día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e a Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo realizaron varios controis dentro do centro urbano para comprobar e, no seu caso, impedir que se leven a cabo os servizos e actividades suspendidas así como velar polo cumprimento das limitacións sobre a circulación de persoas e vehículos, levantándose 7 actas de infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, identificándose a 35 persoas e interceptando a 111 vehículos.

Un dos aspectos nos que se incidiu nestes controis foi a comprobación das condicións de ocupación dos vehículos, tanto particulares como de transporte público. Nos transportes particulares extremouse a vixilancia para que naqueles ocupados por dúas persoas, ambas utilicen máscara. No transporte público prestouse vixilancia para que non se ocupen máis da metade dos asentos dispoñibles, que se manteña sempre baleira a fila posterior ao asento ocupado polo condutor e que todos os pasaxeiros usen máscara.

Asemade, sobre as 17:00 horas, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acode á rúa Tui para auxiliar a un home de 60 anos que se achaba tirado na beirarrúa con signos de embriaguez. Os policías practícanlle os primeiros auxilios, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 onde é trasladado ao HULA para a súa atención médica.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo