" />

A Pontenova celebra unha nova edición da Festa da Malla

A Pontenova celebrou hoxe a IV Edición da Festa da Malla. O Alcalde da Pontenova e Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado dos veciños da vila, participou na  Festa da Malla, coa que colabora o Goberno Provincial, e que tivo lugar a carón do Pozo da Ola. Na xornada, que comezou ás 12:00 horas, incluíronse diversas actividades como demostracións con malles (un apeiro manual para bater o cereal e extraer o gran), despois houbo comida popular, na que participaron 200 veciños, e sesión vermú.

Campos Conde agradeceu a colaboración e o traballo de todos os veciños que participaron nesta nova edición “especialmente a Manolo de Pada que foi o verdadeiro promotor desta cita, que xa celebra a súa cuarta edición. Para nós son importantisimas este tipo de iniciativas xa que contribuen a  promover e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo