" />

A Praza Maior de Lugo acollerá o espectáculo de Caxoto este sábado

O espectáculo da man do narrador oral Caxoto, programado para este sábado, 5 de decembro, no Parque de Rosalía, ás 12:30 horas, muda de lugar, dadas as altas previsións de choiva. Será nos soportais do Concello, na Praza Maior. Mantén o mesmo horario. Está dirixido a público infantil (familiar) e baixo o título de Contos vellos, novos finais, este espectáculo, que ten unha duración dunha hora, traballa en rachar cos estereotipos de xénero e afondar na igualdade.

Este é a cuarta sesión deste espectáculo pola igualdade, organizado pola área de Xuventude e a Casa da Muller. A entrada é libre ata completar aforo.

Os modelos de comportamento que se adquiren a idades temperás van condicionar a construcción da identidade persoal dos menores, e por iso, o Concello fomenta estas iniciativas que traballan na igualdade positiva, a través dun contacontos en igualdade e tolerancia, con gran potencial como ferramenta de aprendizaxe de valores, nos que aprender a eliminar o rasgo sexista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo