" />

A Protectora de Animais de Lugo ampliará en 4 hectáreas as súas instalacións

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto á Deputada provincial de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo e o presidente da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Javier García Calleja, supervisaron este domingo a execución das obras de peche dunha parcela de titularidade provincial en Codesido, cunha superficie de 4 hectáreas, que será cedida posteriormente á entidade co fin de ampliar as súas instalacións.

As actuacións que se están a realizar, dotadas cun orzamento de 26.000 euros, están financiadas exclusivamente polo organismo provincial. Os traballos, que rematarán previsiblemente en dúas semanas, consisten na instalación dunha valla de malla galvanizada de simple torsión. Esta atópase sustentada por postes metálicos colocados cada 3 metros de distancia, que descansan sobre zapatas de formigón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo