A Protectora de Animais mellorará as súas infraestruturas coa axuda da Deputación

O Voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, presentaron hoxe o proxecto de remodelación integral das instalacións da Protectora de Animais e Plantas de Lugo. Fíxoo nun encontro coa directiva deste colectivo nas instalacións situadas en Codeside, en Santa María de Muxa, no que informou que se veñen de contratar estas obras con 270.000 euros. Isto permite iniciar a súa execución en marzo.

Santos Ramos explicou que estas actuacións permitiran mellorar o benestar, as condicións de vida ou sanitarias dos 300 animais que acolle a protectora. No proxecto presentan a construción de 86 novos caniles, boxes, espazos para grandes animais, zonas de hospitalización ou cuarentena; a rehabilitación da zona do patio máis amplo, a habilitación dun novo sistema de depuración de augas fecais, o acondicionamento do espazo de carga e descarga, así como os acceso de entrada ou de clínica e oficinas, entre outros.

“Este proxecto é unha colaboración máis do Goberno da Deputación coa protectora de animais de Lugo, posto que a maiores destinamos outros 40.000 euros á compra de pensos ou témoslles cedido unha finca 40.000 metros cadrados para ampliar as súas instalacións. Xunto a nós está o Concello de Lugo, sendo as únicas  institucións lucenses que colaboramos coa protectora”, explicou Santos Ramos.

Lara Méndez explicou que o Concello colabora coa protectora cunha axuda de 30.000 euros, que consideran “que é preciso incrementar”; e por iso, no Orzamento de 2019 o goberno local pretende sumar a estes fondos un 70% máis para acadar os 105.000 euros. A Alcaldesa recalcou que “os animais deben ter un lugar onde habitar, estar
nunhas condicións dignas e ter as súas necesidades cubertas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com