A Rede de Patrimonio Cultural apoia as denuncias realizadas sobre as obras en Sargadelos

Se ben, días atrás, a asociación Mariña Patrimonio denunciaba unhas obras ilegais na fachada da fábrica de Sargadelos en Cervo, un edificio catalogado como monumento e Ben de Interese Cultural; no día de hoxe a Rede de Patrimonio Cultural amosaba o seu apoio co colectivo mariñán ante as denuncias destas obras que non contan, ao parecer, con licenza municipal nin autorización da Consellería correspondente da Xunta de Galicia.
Neste senso, a Rede de Patrimonio amosou hoxe a súa “ingrata sorpresa” polas manifestacións da empresa que cualificou de “incordio” o propio patrimonio cultural. Deste xeito, a Rede de Patrimonio Cultural pide unha rectificación e que a empresa consulte ao arquitecto autor do edificio, Andrés Fernández-Albalat Lois, ademáis de solicitar a preceptiva licenza municipal e autorización da Consellería de Patrimonio. “Sargadelos debe dar exemplo perante outras empresas de menor relevancia cultural e cumprir as leis e os mandatos que esixe calquera intervención no patrimonio cultural”, explica a Rede de Patrimonio Cultural.
Ambos colectivos lembran que o patrimonio “é responsabilidade de todo o pobo galego” e aseguran que seguirán velano polo “cumprimento do mandato que, como pobo, temos, de mantelo e transmitilo na mellor das condicións posibles a xeracións futuras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo