A Rede Museística Provincial e o Museo Thyssen presentan o proxecto “NOS+Otras: En Red”

A Rede Museística Provincial e o Museo Thyssen veñen de poñer en marcha un proxecto común de cooperación internacional, NOS+ Otras: En Red, que dá comezo hoxe en Madrid, na sede de dito Museo, e a traveso do que se dá continuidade ao proxecto lucense Olladas de Muller sobre a Miña Familia.

Este proxecto conta coa participación de numerosos artistas, colectivos e asociacións de mulleres, así como educadoras e educadores de museos de diferentes países, traballando en común para facer do museo un espazo de creación feminina. A partir de talleres de artistas, como detonantes do proceso creativo, traballarase para xerar propostas en diferentes formatos que se recollerán nunha exposición final. O obxectivo é o de crear un espazo permanente no que traballar e reflexionar sobre cuestións de xénero, educación en valores, campañas contra o maltrato e programas de diálogo intercultural e interrelixioso.

As actividades enmarcadas en Nos+Otras: en Red comezan hoxe en Madrid cunha xuntanza na que se presentarán todas as artistas participantes, para xerar as propostas que son o punto de partida do proceso. Continuarase coa celebración de obradoiros de arte en diferentes sedes ata maio de 2016, para xerar as pezas ou proxectos que se exhibirán nunha exposición final, que porá peche ao proxecto. Ao igual que en Madrid, o próximo día 26 de setembro, celebrarase en Xove unha xuntanza de colectivo de mulleres e de artistas participantes no proxecto, para deseñar os obradoiros. Terá lugar no Museo do Mar.

Neste proxecto están involucrados, xunto coa Rede Museística e o Museo Thyssen, numerosos artistas así como colectivos de mulleres, como son ademais dos madrileños, os galegos ACADAR ou COGAMI. Tamén están integrados outros museos como o de Bellas Artes e outros latinos. Esta listaxe irase ampliando en datas vindeiras. En canto aos artistas que participarán neste proxecto, dende Lugo están Paula Noya, Paula Cabaleiro, Mónica Mura e Mary Pais. Á fronte do proxecto están, realizando as tarefas de coordinación Ana Moreno, xefa da Área de Educación do Museo Thyssen, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial.

Esta non é a primeira colaboración entre o museo madrileño e a Rede Museística, xa que ambas entidades teñen unha ampla traxectoria previa de colaboración mutua en diferentes foros. Actividades no Museo para celebrar a chegada do tren a Lugo

Doutra banda, o Museo Provincial de Lugo acollerá, mañá día 24 de setembro a partires das 20:00 horas, a presentación do número 39 da revista O pazo das musas, que nesta ocasión convírtese nun monográfico adicado ao 140 aniversario da chegada do tren a Lugo.

O acto de presentación contará coas intervencións do historiador Xosé R. Veiga, o xornalista e escritor Xesús Fraga, o pintor Xoan Guerreiro e o músico Vadim Yukhnevich, quen ambientará a sesión cos sons do tren. O acto está aberto ao público e a asistencia é gratuíta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com