A segunda edición da Romaxe Viquinga do Vicendo potenciará a mariña lucense como destino turístico diferencial

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron hoxe en Lugo na presentación da segunda edición da Romaxe Viquinga do Vicedo, unha festa que situará a Mariña lucense no epicentro da historia viquinga de Galicia durante o mes de xullo, converténdose un importante reclamo turístico diferencial do verán galego.

Esta segunda edición da Romaxe Viquinga do Vicedo sumarase contribuíndo a converterse nun valor turístico de gran valor para a Mariña lucense, un destino xa de por si atractivo, que en todo o ano pasado se aproximou aos 150.000 viaxeiros aloxados e superou as 260.000 pernoitas.

Nava Castro valorou, ademais, que esta festa sirva para enxalzar a zona de os Moutillós, situada na praia de San Román, na que se pode apreciar un asentamento normando, e que supón un reclamo turístico diferencial de Galicia que se debe promover e conservar, “e con festas como estas contribuímos a acadalo”, explicou.

A segunda edición desta Romaxealíñase coa Estratexia do Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta transversal, dinámica e participativa do turismo galego para os vindeiros catro anos composta por 11 liñas de traballo e que conta cun investimento total de máis de 240 millóns de euros. Entre as liñas de traballo inclúese a de potenciar os valores diferenciadores de Galicia, como as festas galegas

As festas da Romaxe Viquinga celebrarase os días 28 e 29 de xullo, aumentando un día en relación á súa primeira edición e incluirán tamén actividades paralelas como actuacións musicais e rutas de tapas e mercado viquingo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com