A seguridade viaria volve a centrar os cursos do Parque Infantil de Tráfico este verán

O Parque Infantil de Tráfico do Concello organiza, un verán máis, cursos didácticos sobre educación viaria, que terán lugar do 1 ao 26 de xullo nas propias instalacións do PIT stuadas no parque de Frigsa. Trátase duns cursos organizados pola entidade local, xunto á Dirección Xeral de Tráfico, dirixidos a nenos e nenas, entre os 8 e 16 anos, que busca que os rapaces e rapazas adquiran condutas e comportamentos seguros, tanto como peóns, como usuarios do transporte público e privado. Así mesmo aprenderán hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, situacións de tráfico reais, e a importancia da sinalización vertical e horizontal, os semáforos ou a importancia de utilizar o chaleco reflexante, o casco ou o cinturón de seguridade.

Concello e DXT fan un chamamento á participación nestas actividades, dada a súa importancia para introducir no ámbito educativo o concepto de seguridade viaria ao tempo que os nenos e nenas coñecen os bos hábitos na vía pública.

Todos as persoas interesadas poderán inscribirse do 3 ao 14 de xuño, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico, en horario de 09:00 a 13:30 horas. Deberán achegar a solicitude debidamente cumprimentada, a autorización familiar e unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia. A lista de admitidos publicarase o 21 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello  www.lugo.gal  e na Xefatura de Tráfico. A inscrición é totalmente gratuíta.

Estableceranse distintos grupos en función das idades dos cativos e cativas, non superiores a 15 alumnos e alumnas. As actividades desenvolveranse en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas, e de tarde, de 18:00 a 20:30 horas, e cada grupo, asitirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente, recibindo
formación teórica e práctica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com