A subdelegada do Goberno destaca o labor das forzas de seguridade na protección da infancia

A subdelegada do goberno Isabel Rodríguez, destacou o gran labor que levan a cabo as forzas de seguridade do Estado na protección de nenos e mozos, con motivo da primeira exhibición organizada este curso académico.

Rodríguez tamén puxo énfase na importancia de que a sociedade coñeza os distintos servizos que prestan os corpos de seguridade, polo que lles agradeceu a súa implicación para facer posible cada curso académico a celebración de numerosas actividades que se desenvolven nos distintos centros educativos da nosa provincia dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas.

Na demostración de hoxe participaron arredor de 600 alumnos e profesores de catro colexios de Outeiro de Rei, Rábade e Lugo. A actividade consistiu nunha exposición de medios, humanos e materiais, dos distintos servizos dos que dispón a Garda Civil. Tomaron parte nela alumnos de entre 3 e 13 anos dos CEIP Laverde Ruiz, de Outeiro de Rei; Otero Pedrayo, de Rábade, e Luis Pimentel, de Lugo, así como do IES Río Miño, de Rábade.

A Garda Civil reuniu na exhibición a membros dos distintos servizos que prestan dende Seguridade Cidadá ás actividades Subacuáticas. Os escolares tiveron ocasión de coñecer o funcionamento destes servizos e tamén de ver o material do que dispoñen, os vehículos que utilizan, así como de observar o gran nivel de adestramento dos cans da Garda Civil.

Plan para a convivencia

Ao abeiro do Plan Director para a Convivencia nos centros educativos prográmanse durante o curso académico exposicións e charlas, impartidas tanto pola Garda Civil como pola Policía Nacional, para a formación dos escolares en temas de especial interese para os nenos e mozos como poden ser a prevención do acoso escolar, os riscos da internet e as redes sociais ou a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com