A subdelegada do Goberno efectúa a primeira visita institucional aos concellos de Rábade e Begonte

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, toma nota das inquedanzas dos vecinos de Rábade e Begonte, que lle trasladaron hoxe os alcaldes destes dous municipios. A subdelegada visitou esta mañá aos dous rexedores municipais dentro da ronda de visitas institucionais que está a levar a cabo polos 67 concellos da provincia.

Isabel Rodríguez e o alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, aproveitaron a visita para inspeccionar o paso de peóns que salva a vía do tren ao seu paso por este municipio.

En Begonte, a subdelegada do Goberno e o rexedor, José Ulla reuníronse nas dependencias que ocupa provisionalmente a administración municipal mentres se levan a cabo as obras de reforma da Casa do Concello. No encontro trataron sobre a marcha das obras e tamén sobre os distintos servizos que presta o Concello de Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo