A TIC apoia unha nova edición do Street Market Comercio na Rúa

A TIC súmase a unha nova edición de Comercio na Rúa- Street Market que se celebra este xoves no casco urbano de Lugo organizado pola Asociación de Autónomas.

Nesta sexta convocatoria, ao igual que nas anteriores, un equipo formado por alumnos, bolseiros e profesionais da Fundación gravarán ao longo da xornada aos 76 establecementos participantes e elaborarán un vídeo para contribuír ao impulso da actividade comercial da cidade. Ademais, faranse reportaxes para a súa difusión nas redes sociais e en diversos medios de comunicación.

O Street Market ou Mercado na Rúa, co que tamén colaboran Concello e Deputación, conta coa participación de negocios de todos os sectores que sacan á rúa as súas mercadorías con grandes descontos. Esta iniciativa celébrase nos meses de abril e setembro coincidindo co remate das tempadas de inverno e verán.

Nesta edición participan 76 establecementos comerciais que ofrecerán as súas mercadorías na rúa con horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas e no que se poden atopar importantes descontos. Ademais os produtos que forman parte desta actividade van dende os complementos, lencería, xoias ou zapatos.

Os  locais participantes están situados nas rúas: Armórica e Armañá, na da Raíña, Campo Castelo, Doutor Castro, Montero Rios, Bispo Aguirre, Praza da Soidade, Praza Angel Fernández Gómez, Praza Maior, rúa do Progreso, Quiroga Ballesteros, rúa Nova, Salmón, San Froilán, San Pedro, Santo Domingo, Tenente Coronel Teixeiro e Rúa da Cruz.

O obxectivo é atraer ao centro da cidade a lucenses e visitantes para que coñezan de preto o que ofrece o comercio lucense e animar ás vendas cara a campaña de rebaixas. A Fundación TIC colabora con esta iniciativa desde a súa primeira edición, froito do convenio coa Asociación de Autónomas de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com