" />

A TIC solidarizase coa campaña “Ningún Árbol Vacío” a primeira da asociación lucense Bonhomía

A Fundación TIC suma un novo apoio ás organizacións sen ánimo de lucro da provincia, coa realización da campaña “Ningún Árbol Vacío”, da asociación Bonhomía. A entidade estréase con esta iniciativa, para que todos os rapaces de Lugo teñan un regalo este Nadal. Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC gravaron varias secuencias dun anuncio publicitario, coa participación de nenos e persoas maiores, na praza Maior de Lugo. Unha vez editado, Bonhomía difundirá o spot na súa páxina web, www.bonhomia.org , e nas redes sociais.

A colaboración da TIC complementarase coa realización de reportaxes sobre o desenvolvemento da campaña coa que o colectivo procura a solidariedade dos lucenses.

Pasos a seguir: Para participar na campaña é preciso rexistrarse na páxina web de Bonhomía. Una vez feito, a persoa colaboradora recibirá a carta que un neno ou nena, dunha familia sen recursos económicos escribiu aos Reis Magos, dende Lugo. O seguinte paso é mercar o seu regalo, cun custe inferior aos 30 euros, e levalo a un dos moitos puntos de recollida sinalados pola asociación.

O día 6 de xaneiro, os rapaces recibirán os agasallos que pediron as súas maxestades, grazas á complicidade dos cidadáns que colaboren para que se cumpra o obxectivo de “Ningún Árbol Vacío”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo