" />

A Tinería despedirá este sábado o verán cunha nova festa

A Tinería despedirá este sábado o verán cunha nova festa temática enmarcada no movemento Localmente Lucense, co obxectivo de dinamizar os comercios e a hostalería do barrio.

Toda a información sobre a cita, así como as inscricións para o mercadiño e os concursos poden atoparse na páxina web http://localmentelucense.gal/fin-veran/

Programa da xornada

De 11.00 a 21.00 h. Música ambiental e photocall

De 11.00 a 12.00 h. Pasarrúas con carriño musical que percorrerá as rúas do barrio difundindo as actividades do movemento LocaLmente Lucense.

De 11.00 a 20.00 h. Mercadiño outlet: cada negocio participante mostrará os seus produtos e servizos nunha bancada

De 12.00 h. a 19.00 h. Inscricións presenciais aos concursos: Concurso de adultos “Aquel verán do 22” e Concurso infantil “Collage do verán”As inscricións tamén se poderán facer  con anterioridade cubrindo o formulario da web http://localmentelucense.gal/fin-veran/ 

Premios dos CONCURSOS:

  • Infantil1º premio (vale de 50 euros para gastar nos establecementos adheridos a LocaLmente Lucense), 2º premio (vale de 25 euros para gastar nos establecementos adheridos a LocaLmente Lucense).
  • Adultos1º premio (vale de 200 euros para gastar nos establecementos adheridos a LocaLmente Lucense), 2º premio (vale de 125 euros para gastar nos establecementos adheridos a LocaLmente Lucense), e  3º premio (vale de 75 euros para gastar nos establecementos adheridos a LocaLmente Lucense).

De 12.00 h. a 14.00 h. . Obradoiro infantil Collage de Verán: crea o teu propio collage, con fotos de verán e distintos materiais que complementen a peza: xornais, papeis de cores, flores secas, plumas, purpurina, serpentinas…

De 13.30 h. a 15.30 h. . Sesión vermú a cargo do DJ Fetén con especial fincapé na música comercial máis escoitada neste verán.

De 17.00 h. a 18.00 h. “Canta Baila Xogos”: a cargo de Pandilluky: espectáculo de animación para todo o público.

De 19.00 h. a 20.00 h. NONO: espectáculo de clown, mimo, malabares e manipulación de marionetas a cargo de Arturo Cobas.

21.00 h. Entrega de premios: como resumo do día e con ambiente de festa, pechamos a xornada facendo entrega dos premios, en vales de compra, ás persoas gañadoras dos dous concursos do evento.

De 22.00 h a 23.30 h. Actuación musical de Carta de Ajuste en clave de verbena.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo