A troita con xamón será a protagonista do val do Mera este domingo

A Festa da Troita con Xamón do Val do Mera celebra este domingo a súa terceira edición na área recreativa do Veral. A cita, que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, ten como obxectivo fomentar a convivencia nas parroquias e poñer en valor os produtos gastronómicos lucenses.

Están invitados veciños e veciñas de todas as parroquias polas que pasa o río e servirase un menú gratuíto a base de troita con xamón do val do Mera, e empanada e pan de Antas de Ulla. No acto, os veciños aproveitarán para entregar sete distincións a persoas destacadas da comunidade e da comisión de festas, en recoñecemento da súa labor en favor deste evento.

O acto iniciarase descubrindo unha placa coa que se dedicará a área recreativa, acondicionada polo Concello e a Deputación, ao cirurxián Félix Arija Val, xa falecido. “Era unha persoa que estaba moi vinculada a esta parroquia”, explicou Jesús Vázquez, presidente da agrupación veciñal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo